XORNADA DE VOLUNTARIADO SOBRE RETIRADA E CONCIENCIACIÓN DE ESPECIES DE FLORA EXÓTICA INVASORA (BERGONDO. A CORUÑA)

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, dentro das axudas a Órganos Xestores, con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (Unión Europea-NextGenerationEU), desenvolveu, o sábado 29 de abril de 2023, unha xornada de voluntariado ambiental na Praia do Pedrido (dentro da ZEC Betanzos-Mandeo da Rede Natura 2000).

Os traballos, nos que participaron 20 voluntarias e voluntarios, estiveron centrados na retirada da planta invasora Arctotheta calendula, ademais da recollida de lixo e microplásticos do areal.

Dende a Reserva quérese agradecer a implicación do Grupo de cooperación e voluntariado social do Concello de Bergondo, do Centro de Promoción da Autonomía Persoal (CPAP) en Bergondo, así como da empresa Ribeirán Proxectos Naturais, que amosaron unha implicación total coa actividade.

Á finalización da xornada contabilizouse a retirada de arredor de 100 kg de lixo e 400 kg de restos vexetais de Arctotheta calendula, os cales foron debidamente trasladados a xestor autorizado de residuos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies