Xornada de voluntariado para a plantación de especies de bosque de ribeira en Cullergondo (Abegondo. A Coruña)

O venres, 23 de abril de 2021, levouse a cabo unha xornada de voluntariado do proxecto LIFE Fluvial organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.

Os traballos desenvolvidos consistiron na plantación de especies autóctonas de bosque de ribeira nunha parcela titularidade do Concello de Abegondo, na parroquia de Cullergondo, á beira do río Mero.

Dita actuación de divulgación e sensibilización enmarcada en LIFE Fluvial, forma parte dunha serie de actividades programadas durante estes días pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo para a celebración do Día Mundial da Terra 2021.

Nesta ocasión, contouse para elo coa colaboración do Concello de Abegondo, a través do seu departamento de medio ambiente, así como da ONG Cooperación Internacional, entidade galardoada co Premio Estatal ao Voluntariado Social no ano 2017 e que promove o voluntariado medioambiental para concienciar aos mozos e mozas sobre a necesidade de apostar por un desenvolvemento sostible.

Ao longo da xornada, as voluntarias plantaron un total de trinta árbores das especies bidueiro (Betula celtiberica), acivro (Ilex aquifolium) e carballo (Quercus robur), nunha superficie de actuación aproximada de 800 m2. O material vexetal empregado, facilitado pola empresa TRAGSA, pertence ao propio proxecto LIFE Fluvial.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies