O pasado luns 6 de setembro, o beneficiario asociado IBADER-USC do proxecto LIFE FLUVIAL realizou unha sesión de networking en liña co proxecto LIFE integrado NATURAL COURSE (LIFE-IP RBMP-NWRBD UK, LIFE14 IPE/UK/000027). O equipo de NATURAL CURSE contou coa participación de Daniel Gowar (xestor do proxecto), Rosie McEwing (técnico de proxecto), Dave Marshall (director de programación), Craig Higson (colaborador técnico) e Sarah Bazley (especialista en comunicación e participación).ç
O debate xerado por un equipo de traballo tan completo permitiu compartir o coñecemento xerado por ambos proxectos, plantexando os retos que xorden á hora de conservar os ecosistemas fluviais, as dificultades xurdidas durante a execución deste tipo de proxectos, a implicación dos axentes locais na xestión dos ríos, e os beneficios ambientais acadados tras a restauración de hábitats naturais. Ambos proxectos confirmaron o alto paralelismo entre os ámbitos de traballo, xa que son territorios atlánticos, cunha serie de presións e ameazas similares, aínda que as evidentes diferenzas entre España e o Reino Unido tamén se reflectiron, fundamentalmente a nivel do seu marco legal e político con respecto á xestión dos ríos.
Esta primeira reunión permitiu aos devanditos equipos formar parte dos grupos de traballo en rede de cada un destes proxectos, de xeito que o intercambio de información, a xeración de coñecemento e a promoción de medidas sostibles na xestión dos ríos continuarán no futuro entre ambos os dous proxectos.