Visita institucional ás actuacións na ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre

O 16 de febreiro de 2022, a Reserva de Biosfera recibiu a representantes da Xunta de Galicia para amosar os resultados do proxecto no entorno da ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre. Acudiron a Directora Xeral de Patrimonio Natural (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda), Belén do Campo, o presidente de Mariñas Coruñesas, José Antonio Santiso, o vicepresidente, César Longo, e o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, a concelleira de Medio Ambiente, Patricia Parcero, o secretario do Comité Nacional de Reservas de Biosfera e director do Ibader, Pablo Ramil, representantes de Emalcsa, ademais de persoal técnico de varios dos socios do proxecto así como do Grupo Naturalista Hábitat.

As actuacións no encoro de Abegondo – Cecebre tentan contribuír a mitigar a expansión de especies exóticas invasoras en medios clave para a conservación da biodiversidade, actuando tanto sobre especies que lograron xa expandirse no espazo, buscando reducir os seus efectivos poboacionais, e sobre outras cuxa difusión é moito máis reducida pero non por iso menos preocupante.

Santiso explicou que foron 9 hectáreas as incluídas no LIFE Fluvial no entorno do encoro de Abegondo – Cecebre. Destacou a importancia de levar a cabo este proxecto europeo ao propiciar que “nestas zonas con importantes valores naturais predominen as especies autóctonas”.

Do Campo ensalzou o traballo “exemplar” de Mariñas Coruñesas poñendo o foco sobre os hábitats fluviais e a súa conservación.

A Directora Xeral presentou as novas liñas de axudas que lanza a Xunta tanto para Reservas de Biosfera como para os concellos incluídos nelas. Aumentan, explicou, a 3,22 millóns de euros para 2022 – 2023. Santiso agradeceu a implicación de Do Campo coa Reserva de Biosfera.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies