Hoxe, 22 de marzo é o día mundial da auga (https://www.un.org/en/observances/water-day ) e onte celebrouse o día internacional dos bosques (https://www.un.org/es/observances/forests-and-trees-day ), dous eventos que casan á perfección cos obxectivos do proxecto LIFE Fluvial, “Mellora e xestión sostible de corredores fluviais da Rexión Atlántica Ibérica”.
Que mellor xeito de conmemoralo que coa publicación do terceiro boletín (e-newsletter) das actividades levadas a cabo no ano 2020 polo proxecto.
No documento pódense comprobar os avances de LIFE Fluvial nas actuacións de restauración do conxunto de enclaves obxecto do proxecto en Asturias, Galicia e Portugal, así como consultar as accións de comunicación, difusión, divulgación e sensibilización desenvolvidas ao longo da anualidade.
Este boletín 2020 e os anteriores pódense consultar e descargar na WEB de LIFE Fluvial
LIFE FLUVIAL > PRODUTOS > DOCUMENTOS > BOLETÍNS DE ACTIVIDADES (e-newsletter).
Ou directamente desde estas ligazóns:
Boletín de Actividades do proxecto LIFE Fluvial 2018: Castelán, Galego, Portugués, Inglés
Boletín de Actividades do proxecto LIFE Fluvial 2019: Castelán, Galego, Portugués, Inglés
Boletín de Actividades do proxecto LIFE Fluvial 2020: Castelán, Galego, Portugués (proximamente), Inglés (proximamente)