O proxecto LIFE FLUVIAL retomou, por parte de TRAGSA (beneficiario asociado do proxecto), a actividade da acción C4 na marxe esquerda da Ría de Betanzos, dentro de terreos do municipio de Bergondo, coa finalidade de completar os traballos para a restauración dos hábitats no enclave situado na ZEC Betanzos-Mandeo (ES1110007). Ao finalizar o ano 2020 finalizara practicamente finalizárase a eliminación de flora invasora nos devanditos enclaves, complementada pola retirada das instalacións deportivas e materiais alleos á ZEC, e o comezo dos traballos de restauración do bosque aluvial.
Tras o parón invernal, os traballos de LIFE FLUVIAL nesta acción C4 retomaron neste ano 2021 o control dalgúns rebrotes de invasoras, e completouse a restauración do bosque aluvial, mediante o estaquillado e plantación de Salix atrocinerea, así como o repoboación da cuberta vexetal con Fraxinus excelsior, Acer pseudoplatanus, Quercus robur e Betula celtiberica, todas elas especies autóctonos e obtidas a partir de material xenético de orixe local e compatible, evitando contaminación xenética. Os resultados preliminares da plantación realizada a finais de 2020 foron excelentes, con practicamente un éxito total no arraigamento da planta establecida, o cal permite confiar en que os traballos executados neste 2021 tamén serán óptimos.
Por outra banda, comezáronse as tarefas de correccións topográficas para a creación e mellora de ecotonos entre o corredor fluvioestuarino e o bosque aluvial, se ben os reiterados episodios chuviosos, incluíndo varias borrascas de grande impacto (Filomena, Hortense, Karim), fixeron máis lento o seu progreso, e prolongaranse ata ben entrada a primavera.
Con todas estas actuacións espérase a recuperación da naturalidade e funcionalidade como corredor de dúas áreas que con anterioridade presentaban un escaso valor de conservación e funcionaban como foco de orixe de especies invasoras ao resto da ZEC. Neste sentido, a acción revélase como de grande interese para o cumprimento dos obxectivos de LIFE FLUVIAL.
A participación e colaboración de IBADER e ADR Mariñas-Betanzos nesta acción resultou tamén un valor engadido, permitindo adecuar os resultados da acción aos obxectivos da Directiva 92/43/CEE e da Rede Natura 2000, así como compatibilizar a restauración efectuada cos condicionantes socioeconómicos da área.