Life Fluvial

LIFE FLUVIAL: MELLORA E XESTIÓN SOSTIBLE DE CORREDORES FLUVIAIS DA REXIÓN ATLÁNTICA IBÉRICA

Os ríos da Iberia atlántica, máis alá do seu extraordinario valor natural e a súa función social, constitúen unha rede de corredores biolóxicos que xoga un papel decisivo na conservación de moitos ecosistemas terrestres. A súa complexa dinámica e a extraordinaria presión humana á que están sometidos, aconsella a realización dunha análise interdisciplinar que permita comprender, na súa verdadeira dimensión, os problemas que lles afectan e orientar axeitadamente accións para mellorar e restaurar as súas funcións principais. Deseñar plans de restauración neste sentido, que constitúan un procedemento de boas prácticas en materia de restauración de corredores fluviais, e mellorar a comprensión social deste labor, son as ideas estratéxicas que sustentan este proxecto.

O obxectivo xeral do proxecto LIFE FLUVIAL é a mellora do estado de conservación de corredores fluviais atlánticos na Rede Natura 2000. Para este propósito, o proxecto desenvolve unha estratexia transnacional para a xestión sostible dos seus hábitats en varias cuncas fluviais atlánticas da Península Ibérica (España e Portugal). Neste ámbito, factores de ameaza como especies invasoras, intensificación de usos ou problemas fitosanitarios, xeran a deterioración e fragmentación dos hábitats dos corredores fluviais.

Para alcanzar o obxectivo xeral formúlanse obxectivos específicos encamiñados a combater a degradación dos hábitats:

  • Desenvolvemento dun modelo transnacional de xestión sostible de corredores fluviais para a mellora do seu estado de conservación, mediante a restauración da composición, estrutura e funcionalidade dos seus tipos de hábitats de interese comunitario, a mellora da conectividade e a redución da fragmentación.
  • Control de flora exótica e invasora.
  • Eliminación de plantacións de especies alóctonas
  • Plantación de especies autóctonas características dos bosques de ribeira (hábitat prioritario 91E0*) e de carballeiras (hábitat 9230).
  • Mellora do estado fitosanitario dos corredores fluviais, mediante a retirada parcial de árbores mortas.
  • Difusión dos valores naturais, beneficios socioeconómicos e servizos ecosistémicos prestados polos corredores fluviais.
  • Mellora da formación e capacitación técnica dos axentes implicados na xestión e conservación dos corredores fluviais.
81,808080
Presupuesto total
81,808080
Financiación UE

Ejecución del Proyecto

del 01.09.2017 a 31.12.2022

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
preload imagepreload image