I seminario técnico dirixido ao alumnado do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Lourizán (Pontevedra)

A raíz da asistencia do persoal docente do centro de formación a varios do seminarios online desenvolvidos por LIFE Fluvial así como á visita aos recursos dispoñibles na páxina web do proxecto, dende o CFEA se puxeron en contacto coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo para solicitar un seminario de formación sobre recuperación de corredores fluviais para o seu alumnado.

De maneira paralela, tamén solicitaron a estancia nas súas instalacións da exposición itinerante de LIFE Fluvial, a cal se lles foi enviada dende Portugal polo socio Universidade de Lisboa.

O seminario foi organizado e, finalmente, desenvolvido dende Mariñas Coruñesas e o IBADER con data de 21 de outubro de 2021 no salón de actos do CFEA, estando presentes un total de 38 alumnos e alumnas do 2º curso do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural e do 2º curso do Ciclo Medio de Aproveitamentos e Conservación do Medio Natural, ademais de 2 integrantes do equipo docente do centro.

O relatorio, a cargo de Javier Ferreiro, do IBADER, estivo centrado na mellora e xestión sostible dos corredores fluviais como estratexia para frear a perda de biodiversidade.

Unha das actuacións de LIFE Fluvial que espertou maior interese foi a retirada de Cortaderia sellaona a través de retroescavadora con pinzas mecánicas, experiencia que da que amosaron gran predisposición a replicar.

Os asistentes tamén tiveron ocasión de visionar o audiovisual do proxecto, sendo finalmente obsequiados con material divulgativo de LIFE Fluvial.

Para finalizar a xornada, realizouse unha visita á área de recuperación ambiental da Gandarela, empregada como recurso educativo do CFEA, dirixidos pola docente Mª del Carmen Alfonso Leiro, sendo acompañada por Javier Ferreiro (IBADER) e Miguel Fernández (Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas).

A boa acollida do seminario derivou na solicitude noutra data próxima dunha nova xornada dirixida ao alumnado do 1º curso do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies