O 3 de xuño de 2022 tivo lugar a final do xogo “A Auga non para”, desenvolvido en colaboración entre a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e EMALCSA.
Tra la participación, durante os meses de abril e maio de 27 aulas e un total de 601 escolares de 5º e 6º de Educación Primaria de 4 centros educativos dos municipios de A Coruña, Arteixo e Cambre, chegaron á final os 4 equipos con 6 integrantes que mellores puntuacións obtiveran.
Na disputada gala final, tras amosar un elevado nivel de coñecementos, erixiuse como vencedor o equipo de 6º de Educación Primaria do CEIP Emilio González López (Cambre).
Tódo los participantes recibiron como detalle un lote de produtos de merchandising do proyecto LIFE Fluvial, outorgándose como premio á clase do equipo gañador unha visita guiada pola ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre.