XORNADAS DE VOLUNTARIADO SOBRE RETIRADA E CONCIENCIACIÓN DE ESPECIES DE FLORA EXÓTICA INVASORA (ZEC ENCORO DE ABEGONDO-CECEBRE. A CORUÑA)

O 9 de febreiro de 2023, levouse a cabo unha xornada de voluntariado organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, na que se contou coa asistencia de persoal voluntario da empresa Corporación Hijos de Rivera, S.A. Os traballos desenvolvidos tiveron lugar no entorno do observatorio ornitolóxico de Orto, dentro … Ler máis

Ribadeo celebrou o Día dos Humidais 2023 cunha conferencia sobre LIFE FLUVIAL a cargo do IBADER

O pasado sábado 11 de febreiro, como primeira medida post-LIFE FLUVIAL, o IBADER do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela impartiu en Ribadeo unha conferencia titulada “Restauración e aplicación das mellores prácticas no humidal de importancia internacional da Ría de Ribadeo”, con motivo do Día Mundial dos Humidais 2023, cuxo lema nesta edición … Ler máis

Xornada de voluntariado para a eliminación de flora exótica invasora no concello de Arteixo (A Coruña)

Os días 12 e 13 de xullo de 2021 desenvolvéronse senllas xornadas de voluntariado ambiental do proxecto LIFE Fluvial organizadas pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. As actuacións centráronse na concienciación do perigo medioambiental que supoñen as especies exóticas invasoras de flora, en concreto, nesta ocasión, sobre a especie Carpobrotus edulis … Ler máis

Xornada de voluntariado para a plantación de especies de bosque de ribeira no río Brexa (Carral. A Coruña)

O domingo, 25 de abril de 2021, levouse a cabo unha xornada de voluntariado do proxecto LIFE Fluvial promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos. Nesta ocasión, contouse coa colaboración na organización da Concellaría de Obras públicas, Servizos, Medio Ambiente e Protección Civil do Concello de Carral, así como de “Brexa”, Asociación de Custodia do … Ler máis

Xornada de voluntariado para a plantación de especies de bosque de ribeira en Cullergondo (Abegondo. A Coruña)

O venres, 23 de abril de 2021, levouse a cabo unha xornada de voluntariado do proxecto LIFE Fluvial organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos. Os traballos desenvolvidos consistiron na plantación de especies autóctonas de bosque de ribeira nunha parcela titularidade do Concello de Abegondo, na parroquia de Cullergondo, á beira do río Mero. Dita … Ler máis

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies