XORNADA DE VOLUNTARIADO SOBRE RETIRADA E CONCIENCIACIÓN DE ESPECIES DE FLORA EXÓTICA INVASORA (BERGONDO. A CORUÑA)

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, dentro das axudas a Órganos Xestores, con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (Unión Europea-NextGenerationEU), desenvolveu, o sábado 29 de abril de 2023, unha xornada de voluntariado ambiental na Praia do Pedrido (dentro da ZEC Betanzos-Mandeo da Rede Natura 2000). Os traballos, nos … Ler máis

Seminario técnico dirixido ao alumnado do centro de formación e experimentación agroforestal (CFEA) Pedro Murias (Ribadeo, Lugo)

Con data do 5 de decembro de 2022, dende LIFE Fluvial, da man de Mariñas Coruñesas e o IBADER, desenvolveuse un seminario especializado dirixido aos alumnos do Ciclo Medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural do CFEA Pedro Murias, emprazado en Ribadeo.O seminario, celebrado no salón de actos do CFEA, contou coa asistencia dun … Ler máis

Xornada de voluntariado sobre retirada e concienciación de especies de flora exótica invasora (ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre. A Coruña)

O 7 de outubro de 2022, levouse a cabo unha xornada de voluntariado organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, na que se contou coa colaboración da área de Servizos Sociais do Concello de Abegondo e da Brigada de traballo adscrita á mesma. Os traballos desenvolvidos tiveron lugar nas inmediacións da presa de Cecebre, dentro … Ler máis

Xornada de voluntariado sobre retirada e concienciación de especies de flora exótica invasora (Bergondo. A Coruña)

O 1 de outubro de 2022, levouse a cabo unha xornada de voluntariado organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, na que se contou coa colaboración do Grupo de cooperación e voluntariado social do Concello de Bergondo, da Asociación Clube de Remo Olímpico do Mandeo en Bergondo e do Centro de Promoción da Autonomía Persoal … Ler máis

PARTICIPACIÓN DE LIFE FLUVIAL NA FEIRA DE CIENCIA OPEN SCIENCE CAMBRE 2022

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, órgano xestor da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, participou de novo nesta edición 2022 da Open Science de Cambre. Esta feira é un encontro entre investigadores novos e adultos que mostran as súas experiencias ao público. A participación da Reserva de Biosfera, no marco do … Ler máis

COLABORACIÓN DA RESERVA DE BIOSFERA CO GRUPO NATURALISTA HÁBITAT PARA A ELIMINACIÓN DE FLORA EXÓTICA INVASORA NO ENIL TORRE DE HÉRCULES (A CORUÑA)

O día 11 de xullo de 2022 desenvolveuse unha xornada de voluntariado ambiental froito da colaboración entre o Grupo Naturalista Hábitat (no marco do Convenio de Custodia do Territorio e Voluntariado co Concello da Coruña, para a divulgación ambiental e mellora do seu Patrimonio Natural) e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do … Ler máis

LIFE FLUVIAL amplía as súas redes de networking coa participación no SIBIC 2022

LIFE FLUVIAL amplía as súas redes de networking coa participación no SIBIC 2022 O pasado 21 de xuño de 2022, o proxecto LIFE FLUVIAL asistía ao Symposium Especial Networking INVASAQUA, que tiña lugar no IX Congreso Ibérico de Ictioloxía (SIBIC) de 2022, celebrado en Porto (Portugal). Os beneficiarios asociados IBADER-USC e ISAULisboa asistiron ao evento, … Ler máis

XORNADA DE VOLUNTARIADO SOBRE ELIMINACIÓN DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS NO MONTE DAS MOAS EN IRIXOA (A CORUÑA)

O domingo 5 de xuño de 2022, como actividade enmarcada na celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos levou a cabo unha xornada de voluntariado ambiental dentro do proxecto LIFE FLUVIAL, coa colaboración da Asociación Nacional GN Medio Ambiente. A xornada tivo lugar no Monte Veciñal en Man Común … Ler máis

XORNADA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL PARA A RECOLLIDA DE REFUGALLOS E MICROPLÁSTICOS NA PRAIA DE A CABANA (BERGONDO. A CORUÑA)

O 24 de maio de 2022, grazas á colaboración entre o Programa “Educando na Biosfera” e o proxecto LIFE Fluvial, levouse a cabo unha xornada de voluntariado ambiental co concurso de 20 alumnos de 4º da ESO do CPI Cruz do Sar, de Bergondo. Os traballos desenvolvidos tiveron lugar na praia de A Cabana (Bergondo), … Ler máis

Final do xogo “A Auga non para”,

O 3 de xuño de 2022 tivo lugar a final do xogo “A Auga non para”, desenvolvido en colaboración entre a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e EMALCSA. Tra la participación, durante os meses de abril e maio de 27 aulas e un total de 601 escolares de 5º e 6º de Educación Primaria de … Ler máis

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies