Os traballos de LIFE FLUVIAL no ámbito do Encoro de Cecebre (ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre, ES1110004), executados por TRAGSA (beneficiario asociado do proxecto), continúan a bo ritmo. Tras o parón a finais de 2020, previamente ao que se eliminaran as especies exóticas invasoras de flora que ameazan ao estado de conservación do bosque higrófilo (91E0*), así como se realizaron diversas tarefas complementarias (reacondicionamento de observatorios de aves, instalación de panel explicativo da obra), retomábase a finais de xaneiro de 2021 os traballos neste enclave, incluídos na acción C5 do proxecto.
Deste modo, os traballos durante este 2021 foron principalmente a mellora da composición e estrutura do hábitat 91E0* mediante a plantación das súas especies características. Para iso, realizouse estaquillado e plantación de individuos de Salix atrocinerea, así como o repoboación con Fraxinus excelsior, Acer pseudoplatanus, Quercus robur e Betula celtiberica, todas elas especies autóctonos e obtidas a partir de material xenético de orixe local e compatible, evitando contaminación xenética. As áreas de plantación elixidas foron aquelas nas que existen ocos no bosque arredor do vaso do encoro, fundamentalmente aqueles creados coa eliminación de invasoras, pero tamén áreas de descontinuidade que foron identificadas con anterioridade ao proxecto, permitindo polo tanto a restitución da función de conectividade natural nas ribeiras do encoro.
A participación do beneficiario asociado EMALCSA, xestor do encoro, foi fundamental no progreso desta acción, xa que puxo a disposición do proxecto unha parcela do seu titularidad, nas proximidades das comportas da presa, a que se realizou unha plantación que permitiu mesmo dispoñer dunha maior superficie de actuación, e polo tanto incrementar os beneficios ambientais xerados polo proxecto. Deste modo, a restauración de LIFE FLUVIAL xerou unha importante sinerxía cos obxectivos do encoro, que son a provisión de auga potable á cidade de A Coruña e a súa área metropolitana, xa que a mellora do estado de conservación da vexetación natural nas ribeiras do encoro, garanten unha mellor calidade das augas a subministrar a devandita poboación.
A participación e colaboración de IBADER e ADR Mariñas-Betanzos (tamén beneficiarios asociados do proxecto) nesta acción resultou tamén un valor engadido, permitindo adecuar os resultados da acción aos obxectivos da Directiva 92/43/CEE e da Rede Natura 2000, así como compatibilizar a restauración efectuada cos condicionantes socioeconómicos da área.