A RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO CELEBRA O DÍA O DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS CON ASPACE CORUÑA

Con motivo da celebración do Día Mundial dos Humidais 2021, o 1 de febreiro tivo lugar a presentación telemática aos medios de comunicación da Guía de Turismo Ornitolóxico da Reserva de Biosfera. Nesta presentación, na que interviron dende a presidencia da Reserva de Biosfera, a Deputación da Coruña e a empresa redactora da guía, tivo o seu espazo tamén a entidade ASPACE Coruña, dende a óptica dos valores ambientais aplicados ás dinámicas sociais.

ASPACE é unha entidade pioneira en Galicia en atención integral a persoas con parálise cerebral que traballa para a mellora da súa calidade de vida e das súas familias.

Derivada da citada presentación, e co apoio dos materiais e indicacións facilitados dende o proxecto Life Fluvial, o día 2 de febreiro se organizou un taller de pintura centrado na importancia dos valores da fauna autóctono dentro dos espazos Rede Natura 2000.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies