Novas

Noticias

XORNADA DE VOLUNTARIADO SOBRE RETIRADA E CONCIENCIACIÓN DE ESPECIES DE FLORA EXÓTICA INVASORA (BERGONDO. A CORUÑA)

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, dentro das axudas a Órganos Xestores, con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (Unión Europea-NextGenerationEU), desenvolveu, o sábado 29 de abril de 2023, unha xornada de voluntariado ambiental na Praia do Pedrido (dentro da ZEC Betanzos-Mandeo da Rede Natura 2000). Os traballos, nos ... Ler máis

XORNADAS DE VOLUNTARIADO SOBRE RETIRADA E CONCIENCIACIÓN DE ESPECIES DE FLORA EXÓTICA INVASORA (ZEC ENCORO DE ABEGONDO-CECEBRE. A CORUÑA)

O 9 de febreiro de 2023, levouse a cabo unha xornada de voluntariado organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, na que se contou coa asistencia de persoal voluntario da empresa Corporación Hijos de Rivera, S.A. Os traballos desenvolvidos tiveron lugar no entorno do observatorio ornitolóxico de Orto, dentro ... Ler máis

Ribadeo celebrou o Día dos Humidais 2023 cunha conferencia sobre LIFE FLUVIAL a cargo do IBADER

O pasado sábado 11 de febreiro, como primeira medida post-LIFE FLUVIAL, o IBADER do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela impartiu en Ribadeo unha conferencia titulada “Restauración e aplicación das mellores prácticas no humidal de importancia internacional da Ría de Ribadeo”, con motivo do Día Mundial dos Humidais 2023, cuxo lema nesta edición ... Ler máis

Seminario técnico dirixido ao alumnado do centro de formación e experimentación agroforestal (CFEA) Pedro Murias (Ribadeo, Lugo)

Con data do 5 de decembro de 2022, dende LIFE Fluvial, da man de Mariñas Coruñesas e o IBADER, desenvolveuse un seminario especializado dirixido aos alumnos do Ciclo Medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural do CFEA Pedro Murias, emprazado en Ribadeo.O seminario, celebrado no salón de actos do CFEA, contou coa asistencia dun ... Ler máis

Xornada de voluntariado sobre retirada e concienciación de especies de flora exótica invasora (ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre. A Coruña)

O 7 de outubro de 2022, levouse a cabo unha xornada de voluntariado organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, na que se contou coa colaboración da área de Servizos Sociais do Concello de Abegondo e da Brigada de traballo adscrita á mesma. Os traballos desenvolvidos tiveron lugar nas inmediacións da presa de Cecebre, dentro ... Ler máis

Xornada de voluntariado sobre retirada e concienciación de especies de flora exótica invasora (Bergondo. A Coruña)

O 1 de outubro de 2022, levouse a cabo unha xornada de voluntariado organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, na que se contou coa colaboración do Grupo de cooperación e voluntariado social do Concello de Bergondo, da Asociación Clube de Remo Olímpico do Mandeo en Bergondo e do Centro de Promoción da Autonomía Persoal ... Ler máis

PARTICIPACIÓN DE LIFE FLUVIAL NA FEIRA DE CIENCIA OPEN SCIENCE CAMBRE 2022

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, órgano xestor da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, participou de novo nesta edición 2022 da Open Science de Cambre. Esta feira é un encontro entre investigadores novos e adultos que mostran as súas experiencias ao público. A participación da Reserva de Biosfera, no marco do ... Ler máis

COLABORACIÓN DA RESERVA DE BIOSFERA CO GRUPO NATURALISTA HÁBITAT PARA A ELIMINACIÓN DE FLORA EXÓTICA INVASORA NO ENIL TORRE DE HÉRCULES (A CORUÑA)

O día 11 de xullo de 2022 desenvolveuse unha xornada de voluntariado ambiental froito da colaboración entre o Grupo Naturalista Hábitat (no marco do Convenio de Custodia do Territorio e Voluntariado co Concello da Coruña, para a divulgación ambiental e mellora do seu Patrimonio Natural) e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do ... Ler máis

LIFE FLUVIAL amplía as súas redes de networking coa participación no SIBIC 2022

LIFE FLUVIAL amplía as súas redes de networking coa participación no SIBIC 2022 O pasado 21 de xuño de 2022, o proxecto LIFE FLUVIAL asistía ao Symposium Especial Networking INVASAQUA, que tiña lugar no IX Congreso Ibérico de Ictioloxía (SIBIC) de 2022, celebrado en Porto (Portugal). Os beneficiarios asociados IBADER-USC e ISAULisboa asistiron ao evento, ... Ler máis

XORNADA DE VOLUNTARIADO SOBRE ELIMINACIÓN DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS NO MONTE DAS MOAS EN IRIXOA (A CORUÑA)

O domingo 5 de xuño de 2022, como actividade enmarcada na celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos levou a cabo unha xornada de voluntariado ambiental dentro do proxecto LIFE FLUVIAL, coa colaboración da Asociación Nacional GN Medio Ambiente. A xornada tivo lugar no Monte Veciñal en Man Común ... Ler máis

XORNADA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL PARA A RECOLLIDA DE REFUGALLOS E MICROPLÁSTICOS NA PRAIA DE A CABANA (BERGONDO. A CORUÑA)

O 24 de maio de 2022, grazas á colaboración entre o Programa “Educando na Biosfera” e o proxecto LIFE Fluvial, levouse a cabo unha xornada de voluntariado ambiental co concurso de 20 alumnos de 4º da ESO do CPI Cruz do Sar, de Bergondo. Os traballos desenvolvidos tiveron lugar na praia de A Cabana (Bergondo), ... Ler máis

SEMINARIO TÉCNICO DE CELEBRACIÓN DO DÍA DA REDE NATURA 2000 NA ANUALIDADE 2022

Co gallo da celebración este ano do Día da Rede Natura 2000, dende a Asociación Mariñas-Betanzos, en colaboración co IBADER e EMALCSA, organizouse un seminario técnico para a difusión dos últimos resultados do proxecto LIFE Fluvial. O evento, celebrado nas instalacións do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), tivo dúas partes ... Ler máis

Xornada de voluntariado ambiental para a recollida de refugallos e microplásticos na praia de A Cabana (Bergondo. A coruña)

O 24 de maio de 2022, grazas á colaboración entre o Programa “Educando na Biosfera” e o proxecto LIFE Fluvial, levouse a cabo unha xornada de voluntariado ambiental co concurso de 20 alumnos de 4º da ESO do CPI Cruz do Sar, de Bergondo.Os traballos desenvolvidos tiveron lugar na praia de A Cabana (Bergondo), dentro ... Ler máis

LIFE Fluvial celebra el Día Red Natura 2000 y 30 aniversario de programa LIFE – Oleiros

En Galicia os equipos de Ibader, Asociación Mariñas Betanzos e Emalcsa elaboraron un extenso programa para conmemorar este evento cun programa no que diferentes convidados debaterán o 26 de maio sobre actuacións de restauración fluvial e de Gobernanza en Rede Natura 2000 e Reservas da Biosfera. Podes atopar o programa e a ligazón á inscrición ... Ler máis

LIFE Fluvial celebra el Día Red Natura 2000 y 30 aniversario de programa LIFE – Mieres

Con motivo de la celebración del día de la Red Natura 2000 los equipos de trabajo de LIFE Fluvial han organizado diferentes actos para dar divulgación al proyecto y a la trayectoria de la Red Natura 2000 y de los 30 años de programa LIFE. En Asturias el INDUROT te invita a participar en la ... Ler máis

O proxecto LIFE FLUVIAL aumenta o seu networking con proxectos LIFE en Irlanda

No marco da acción LIFE FLUVIAL E4, entre os días 26 e 29 de maio, o beneficiario asociado IBADER realizou visitas técnicas a 4 proxectos LIFE que se executan en Irlanda, e que están coordinados polo National Parks and Wildlife Service (NPWS) do Department of Housing, Local Government and Heritage (DHLGH). Estas visitas facilitaron a ... Ler máis

LIFE FLUVIAL PARTICIPA NA PRIMEIRA CONFERENCIA INTERNACIONAL SOBRE CIENCIA E XESTIÓN DOS ECOSISTEMAS RIPARIOS

Life Fluvial estará presente na Conferencia Inaugural «Riparian ecosystems science and management conference» que se celebrará os vindeiros 6 e 7 de abril en Bratislava (Eslovaquia) O equipo portugués do proxecto, dirixido pola investigadora de ISAULisboa Patricia Rodríguez, presentará no marco do proxecto LIFE FLUVIAL unha comunicación sobre as accións de mellora do estado de ... Ler máis

Visita institucional ás actuacións na ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre

O 16 de febreiro de 2022, a Reserva de Biosfera recibiu a representantes da Xunta de Galicia para amosar os resultados do proxecto no entorno da ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre. Acudiron a Directora Xeral de Patrimonio Natural (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda), Belén do Campo, o presidente de Mariñas Coruñesas, José Antonio Santiso, ... Ler máis

LIFE FLUVIAL NO BOLETÍN DE XANEIRO DE 2022 DA REDE MUNDIAL DE RESERVAS DE BIOSFERA ILLAS E ZONAS COSTEIRAS

O boletín de xaneiro de 2022 da Rede Mundial de Reservas de Biosfera Illas e Zonas Costeiras faise eco da xornada de voluntariado ambiental desenvolvida en outubro de 2022 por LIFE Fluvial na praia de Arnela, no municipio de Sada (A Coruña). Ligazón á publicación

LIFE FLUVIAL REFLECTIDO NO NÚMERO DE OUTONO DA REVISTA DA UNIÓN INTERNACIONAL PARA A CONSERVACIÓN DA NATUREZA

O Boletín nº 43 do Comité Español da UICN, correspondente ao número de outono de 2021, recolle un epígrafe sobre algunhas das actividades realizadas por LIFE Fluvial nos últimos meses. Nesta ocasión, en concreto, detállase a instalación dun pousadoiro para a aguia pescadora na ZEC Betanzos-Mandeo, ademais das actividades escolares e a participación na Feira ... Ler máis

Xornada de voluntariado para a recollida de refugallos e microplásticos na praia de Arnela no concello de Sada (A Coruña)

O día 23 de outubro de 2021 desenvolveuse unha xornada de voluntariado ambiental do proxecto LIFE Fluvial organizada pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. As actuacións centráronse na concienciación do perigo medioambiental que supoñen os micro-refugallos (en especial os microplásticos), ademais de efectuar o recoñecemento de varias especies de flora exótica ... Ler máis

II seminario técnico dirixido ao alumnado do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Lourizán (Pontevedra)

Tralo desenvolvemento o 21 de outubro de 2021 do I Seminario Técnico no CFEA para alumnos e alumnas do 2º curso do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural e do 2º curso do Ciclo Medio de Aproveitamentos e Conservación do Medio Natural, neste II Seminario, levado a cabo con data de 10 ... Ler máis

I seminario técnico dirixido ao alumnado do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Lourizán (Pontevedra)

A raíz da asistencia do persoal docente do centro de formación a varios do seminarios online desenvolvidos por LIFE Fluvial así como á visita aos recursos dispoñibles na páxina web do proxecto, dende o CFEA se puxeron en contacto coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo para solicitar un seminario de formación ... Ler máis

Participación de LIFE Fluvial na feira de ciencia Open Science Cambre 2021

A edición de 2021 é xa a terceira ocasión en que Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo participa con stand propio na Open Science e a segunda vez na que o proxecto LIFE Fluvial é principal protagonista do mesmo. Open Science é un espazo onde os investigadores mozos e adultos amosan as súas experiencias ao ... Ler máis

O traballo de LIFE Fluvial reflíctese no boletín de setembro de 2021 do «Zero plastic working group in the world network of island and coastal biosphere reserves»

As actividades de voluntariado ambiental levadas a cabo por LIFE Fluvial os días 5 e 6 de xuño de 2021, enmarcadas na celebración do Día Mundial do Medio Ambiente e do Día da Rede Natura 2000, tiveron como eixe principal a eliminación de especies exóticas invasoras na ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre (ES1110004) así como no ... Ler máis

Xornada de networking entre LIFE Fluvial e LIFE Natural Course

O pasado luns 6 de setembro, o beneficiario asociado IBADER-USC do proxecto LIFE FLUVIAL realizou unha sesión de networking en liña co proxecto LIFE integrado NATURAL COURSE (LIFE-IP RBMP-NWRBD UK, LIFE14 IPE/UK/000027). O equipo de NATURAL CURSE contou coa participación de Daniel Gowar (xestor do proxecto), Rosie McEwing (técnico de proxecto), Dave Marshall (director de ... Ler máis

LIFE Fluvial no número de verán da revista da Unión Internacional para a Conservación da Natureza

O boletín nº 42 do Comité Español da UICN, correspondente ao número de verán de 2021, recolle un artigo sobre algunhas das actividades desenvolvidas por LIFE Fluvial para a conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente. Nesta ocasión, en concreto, descríbense as actuacións de voluntariado levadas a cabo pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e ... Ler máis

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo organiza un seminario técnico para a incorporación das aprendizaxes do proxecto LIFE Fluvial ao programa de medidas do plan hidrolóxico Galicia-costa 2021-2027

O actual Programa de Medidas é o instrumento de planificación hidrolóxica que coordina e integra as medidas que se teñen executado, se están a executar e que están programadas dentro da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa no ciclo de planificación 2021-2027. Así mesmo, recolle as previsións de execución de medidas, en anos sucesivos, consideradas necesarias para poder ... Ler máis

Xornada de voluntariado para a eliminación de flora exótica invasora no concello de Arteixo (A Coruña)

Os días 12 e 13 de xullo de 2021 desenvolvéronse senllas xornadas de voluntariado ambiental do proxecto LIFE Fluvial organizadas pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. As actuacións centráronse na concienciación do perigo medioambiental que supoñen as especies exóticas invasoras de flora, en concreto, nesta ocasión, sobre a especie Carpobrotus edulis ... Ler máis

Seminario técnico online: potencialidad de los aprendizajes adquiridos para su posible incorporación al Programa de Medidas del Plan Hidrológico Galicia-Costa 2021-2027.

O proxecto LIFE FLUVIAL persegue a mellora do estado de conservación de corredores fluviais atlánticos na Rede Natura 2000. Desenvólvese para iso unha estratexia transnacional para a xestión sostible dos seus hábitats en varias cuncas atlánticas da Península Ibérica, en Asturias, Galicia e Norte de Portugal, incluíndo actuacións en humidais fluvioestuarinos e continentais. LIFE Fluvial ten realizado ... Ler máis

A RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO CELEBRA O DÍA EUROPEO DA REDE NATURA 2000 CON ASPACE CORUÑA

A Rede Natura 2000 é un conxunto de áreas naturais protexidas a escala da Unión Europea co obxectivo de conservar a biodiversidade e a supervivencia das especies e dos hábitats. Constitúe o principal instrumento de conservación da natureza da Unión Europea e componse de Zonas Especiais de Conservación (ZEC) e de Zonas Especiais de Protección para as Aves (ZEPA). Con motivo da celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000, este 21 de maio de 2020 levouse a cabo un taller de pintura tematizado nas instalacións de ASPACE CORUÑA, no concello de Sada, en coordinación coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A iniciativa enmárcase dentro das accións de divulgación e sensibilización do proxecto LIFE FLUVIAL (LIFE16 NAT/ES/000771), do que a Reserva de Biosfera forma parte. ASPACE é unha entidade pioneira en Galicia en atención integral a persoas con parálise cerebral que traballa para a mellora da súa calidade de vida e das súas familias. Forma parte do conxunto de socios da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos, órgano xestor da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A colaboración entrámbalas dúas entidades en materia medioambiental xa tiña programada a finais do mes de marzo unha xornada de voluntariado e concienciación sobre o perigo das especies exóticas invasoras, a cal tivo que ser aprazada por mor da crise do Covid-19. A Reserva de Biosfera conta con catro ZEC no seo da Rede Natura 2000 (Encoro de Abegondo-Cecebre, Costa da Morte, Betanzos-Mandeo e Costa de Dexo). Dentro desta temática, o motivo escollido por ASPACE foi a realización dun mural sobre a Costa de Dexo (ES1110009) en Oleiros, en cuxa composición participaron unha ducia de usuarios do centro.

LIFE FLUVIAL CELEBRA O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE E O DÍA DA REDE NATURA 2000 CUNHA XORNADA DE VOLUNTARIADO SOBRE ELIMINACIÓN DE FLORA EXÓTICA INVASORA NO ENCORO DE ABEGONDO-CECEBRE

O sábado 5 de xuño de 2021, como actividade de celebración do Día Mundial do Medio Ambiente e do Día da Rede Natura 2000, desenvolveuse unha xornada de voluntariado máis do proxecto LIFE FLUVIAL, organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos. Nesta ocasión, contouse coa participación dunha representación do departamento de «Zara Loxística» (Inditex), e ... Ler máis

XORNADA DE VOLUNTARIADO SOBRE ELIMINACIÓN DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS NO MONTE DAS MOAS EN IRIXOA (A CORUÑA)

O domingo 6 de xuño de 2021, como actividade enmarcada na celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo levou a cabo unha xornada de voluntariado ambiental dentro do proxecto LIFE FLUVIAL, coa colaboración da Asociación Nacional GN Medio Ambiente. A xornada tivo lugar no Monte ... Ler máis

Xornada de voluntariado sobre concienciación dos residuos plásticos e das especies de flora exótica invasora (Bergondo. A Coruña)

O 14 de maio de 2021, levouse a cabo unha xornada de voluntariado do proxecto LIFE Fluvial organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, na que se contou coa colaboración do centro escolar «CEIP Sada y sus Contornos» a través de dúas das súas clases de 6º de Educación Primaria. Os traballos desenvolvidos tiveron lugar ... Ler máis

Xornada de voluntariado para a plantación de especies de bosque de ribeira no río Brexa (Carral. A Coruña)

O domingo, 25 de abril de 2021, levouse a cabo unha xornada de voluntariado do proxecto LIFE Fluvial promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos. Nesta ocasión, contouse coa colaboración na organización da Concellaría de Obras públicas, Servizos, Medio Ambiente e Protección Civil do Concello de Carral, así como de “Brexa”, Asociación de Custodia do ... Ler máis

Xornada de voluntariado para a plantación de especies de bosque de ribeira en Cullergondo (Abegondo. A Coruña)

O venres, 23 de abril de 2021, levouse a cabo unha xornada de voluntariado do proxecto LIFE Fluvial organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos. Os traballos desenvolvidos consistiron na plantación de especies autóctonas de bosque de ribeira nunha parcela titularidade do Concello de Abegondo, na parroquia de Cullergondo, á beira do río Mero. Dita ... Ler máis

Replicación e transferencia de resultados de LIFE Fluvial na Lagoa do Rei (Rábade, Lugo)

O IBADER da Universidade de Santiago de Compostela, na súa condición de beneficiario asociado de LIFE FLUVIAL, e coordinador das accións de conservación do proxecto en Galicia, formulou unha xornada de transferencia de resultados do proxecto na A Lagoa do Rei (Rábade, Lugo), localidade onde se executou a acción concreta de conservación C7, dentro da ... Ler máis

A RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO CELEBRA UN SEMINARIO DE EXPERTOS PARA A RECUPERACIÓN DO SALMÓN NO RÍO MANDEO

O concepto de corredor fluvial vai aparellado ao propio concepto de río, e abarca o conxunto do territorio fluvial, o río na súa canle de estiaxe, a vexetación de ribeira e o espazo que ocupan as augas durante as enchentes, xunto coa cuberta vexetal asociada. Os corredores fluviais albergan ecosistemas acuáticos e terrestres, configurando uns ... Ler máis

¿Que valor ten para ti conservar o río miño? Enche a túa enquisa sobre o valor económico e social da conservación dos corredores fluviais atlánticos.

Colabora co proxecto LIFE Fluvial entrando neste enlace ou na sección de produtos da nosa páxina web e enchendo unha breve enquisa sobre o valor económico e social da conservación dos corredores fluviais atlánticos, mediante actuacións como as que se están a realizar na cunca do río Miño. Reenvía tamén este enlace a máis persoas ... Ler máis

O Concello de Ribadeo replica os resultados de LIFE FLUVIAL

O Concello rematou esta mesma semana as obras de recuperación ambiental do miradoiro de aves que hai na marxe galega da ría de Ribadeo, en Reme, na parroquia de Ove. Para o alcalde, Fernando Suárez, “esta actuación supón un paso máis dentro do compromiso ambiental seguido polo Concello, principalmente no referente á protección, conservación e ... Ler máis

As tarefas de xestión sostible do bosque higrófilo (91E0*) de LIFE FLUVIAL continúan no Encoro de Cecebre

Os traballos de LIFE FLUVIAL no ámbito do Encoro de Cecebre (ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre, ES1110004), executados por TRAGSA (beneficiario asociado do proxecto), continúan a bo ritmo. Tras o parón a finais de 2020, previamente ao que se eliminaran as especies exóticas invasoras de flora que ameazan ao estado de conservación do bosque higrófilo (91E0*), ... Ler máis

Terceiro boletín de actividades do proxecto LIFE Fluvial

Hoxe, 22 de marzo é o día mundial da auga (https://www.un.org/en/observances/water-day ) e onte celebrouse o día internacional dos bosques (https://www.un.org/es/observances/forests-and-trees-day ), dous eventos que casan á perfección cos obxectivos do proxecto LIFE Fluvial, “Mellora e xestión sostible de corredores fluviais da Rexión Atlántica Ibérica”. Que mellor xeito de conmemoralo que coa publicación do terceiro boletín (e-newsletter) ... Ler máis

LIFE Fluvial – Enche a enquisa sobre corredores fluviais atlánticos

¿Participaches nalgunha das diferentes actividades de difusión que organizamos dende LIFE Fluvial ou es seguidor da nosa web e redes sociais? Se é así, pedímosche colaboración dedicando un par de minutos a encher unha enquisa on line. Seríanos de grande utilidade coñecer a túa percepción acerca dos corredores fluviais atlánticos. A enquisa está dispoñible na ... Ler máis

LIFE FLUVIAL retoma a recuperación do corredor fluvioestuarino na Ría de Betanzos (Bergondo, A Coruña)

O proxecto LIFE FLUVIAL retomou, por parte de TRAGSA (beneficiario asociado do proxecto), a actividade da acción C4 na marxe esquerda da Ría de Betanzos, dentro de terreos do municipio de Bergondo, coa finalidade de completar os traballos para a restauración dos hábitats no enclave situado na ZEC Betanzos-Mandeo (ES1110007). Ao finalizar o ano 2020 ... Ler máis

A RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO CELEBRA O DÍA O DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS CON ASPACE CORUÑA

Con motivo da celebración do Día Mundial dos Humidais 2021, o 1 de febreiro tivo lugar a presentación telemática aos medios de comunicación da Guía de Turismo Ornitolóxico da Reserva de Biosfera. Nesta presentación, na que interviron dende a presidencia da Reserva de Biosfera, a Deputación da Coruña e a empresa redactora da guía, tivo ... Ler máis

LIFE Fluvial presentará as actuacións que desenvolveu nas zonas núcleo da Reserva de Biosfera Terras do Miño

Mañá 17 de decembro, o proxecto LIFE Fluvial presentará as actuacións que desenvolveu nas zonas núcleo da Reserva de Biosfera Terras do Miño, incluíndo unha revisión dos proxectos LIFE previos que IBADER e Deputación de Lugo executaron nos últimos 20 anos. O evento, que terá lugar ás 16:30 no salón de actos da Deputación de ... Ler máis

CELEBRADA A 2ª COMISIÓN DE SEGUIMENTO DE LIFE FLUVIAL EN GALICIA

O proxecto LIFE FLUVIAL (LIFE16 NAT/ES/000771) “Mellora e xestión sostible de corredores fluviais da rexión atlántica ibérica”, posúe como obxectivo xeral a mellora do estado de conservación de corredores fluviais atlánticos na Rede Natura 2000 en varias cuncas fluviais atlánticas da Península Ibérica (Galicia, Asturias e Portugal Norte). O proxecto está a avanzar a bó ... Ler máis

Actuacións do Proxecto LIFE FLUVIAL na ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre (ES1110004)

As especies exóticas invasoras constitúen un dos principais factores de ameaza que afectan á biodiversidade e ao medio no Planeta. A súa loita e erradicación formúlanse como un dos principais obxectivos na política ambiental tanto a nivel global, como nacional e rexional. En Galicia, o uso do territorio, unido ás características ambientais de determinadas áreas, ... Ler máis

Inícianse os traballos de restauración da acción de conservación C4 na ría de Betanzos

A acción C4 do proxecto LIFE Fluvial ten como obxectivo a restauración de hábitats naturais no corredor fluvioestuarino da Ría de Betanzos (ZEC Betanzos-Mandeo ES1110007) ao seu paso por Bergondo. Dende mediados da década de 1970, a marxe esquerda deste corredor foi ocupada parcialmente en dúas áreas para a instalación de equipamentos recreativos e deportivos, ... Ler máis

O proxecto LIFE FLUVIAL chega a todas as rapazas e rapaces de Galicia

O proxecto LIFE FLUVIAL alcanzou un novo fito no que a educación ambiental e organización de talleres escolares se refire. O pasado 31 de xullo, a Televisión de Galicia emitía no seu programa “Xabarín Mañá” un novo capítulo da terceira tempada de “Braulio Tuber”, o cal estaba dedicado á conservación dos ríos, contando coa participación ... Ler máis

Xogo da Gota

Dende o 15 de xullo, xa podedes disfrutar do ‘Xogo da Gota’, unha aplicación online desenvolvida no marco do proxecto LifeFluvial no que a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo participa como socio. O obxectivo é aprender xogando sobre a importancia que teñen os ríos para a biodiversidade e a cultura. É ... Ler máis

A RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO CELEBRA O DÍA EUROPEO DA REDE NATURA 2000 CON ASPACE CORUÑA

A Rede Natura 2000 é un conxunto de áreas naturais protexidas a escala da Unión Europea co obxectivo de conservar a biodiversidade e a supervivencia das especies e dos hábitats. Constitúe o principal instrumento de conservación da natureza da Unión Europea e componse de Zonas Especiais de Conservación (ZEC) e de Zonas Especiais de Protección ... Ler máis

Finalización das actuacións na Lagoa do Rei (Rábade, Lugo, Galicia)

Durante o ano 2019 a acción C7 de LIFE FLUVIAL, que ten lugar na Lagoa do Rei (ZEC Parga-Ladra-Támoga ES1120003), quedou practicamente finalizada. Tras a execución da primeira fase desta en 2018, durante o ano 2019 contemplouse a finalización dos traballos previstos. Deste modo, procedeuse a adecuar e mellorar a accesibilidade dos equipamentos divulgativos no ... Ler máis

LIFE FLUVIAL organiza unha xornada de voluntariado ambiental na ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre (A Coruña)

O sábado 29 de febreiro, o proxecto LIFE FLUVIAL (LIFE16 NAT/ES/000771) organizou unha xornada de voluntariado ambiental en colaboración co proxecto LIFE Evergreen with volunteer, LIFE LEWO (LIFE16 ESC/ES/001), coordinado dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DXXPV) da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, en colaboración coa Dirección Xeral de ... Ler máis

Curso de Verán “O PATRIMONIO NATURAL E A BIODIVERSIDADE NAS RESERVAS DE BIOSFERA”.

Entre o 2 e o 5 de setembro de 2019, o IBADER do Campus Terra da USC organizou o Curso de Verán “O PATRIMONIO NATURAL E A BIODIVERSIDADE NAS RESERVAS DE BIOSFERA“. Ao acto inaugural acudiu Ana González Abelleira, en representación da Deputación de Lugo, Montserrat Valcárcel en calidade de Vicerreitora de Coordinación do Campus de ... Ler máis

Eventos

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies