Accións

O proxecto LIFE FLUVIAL formula a mellora do estado de conservación de corredores fluviais en varias cuncas do Sur de Europa, na Península Ibérica, mediante actuacións no seu principal elemento terrestre, o bosque higrófilo, que constitúe o hábitat prioritario 91E0*. Para iso, seleccionáronse ríos e tramos fluviais e fluvioestuarinos nos que se detectaron importantes problemas de conservación derivados da alteración do réxime hidrolóxico, a deforestación, a substitución do bosque ripario por plantacións forestais exóticas, a presenza de especies invasoras, a ocupación do solo para usos urbanos ou recreativos, a intensificación de usos e, máis recentemente, os problemas derivados das enfermidades que afectan á principal especie arbórea do bosque de ribeira e, polo tanto, dos corredores fluviais: o ameneiro (Alnus glutinosa). Esta acción preparatoria incluirá as seguintes tarefas:

1. Análise hidroxeomorfolóxico

2. Análise da cuberta vexetal

3. Protocolo de eliminación de especies invasoras

4. Identificación de indicadores de seguimento para os enclaves do proxecto

5. Mellora na tipificación e caracterización do hábitat 91E0* nos enclaves de Portugal

Esta acción contempla a redacción dos proxectos técnicos de execución necesarios para levar a cabo as accións de conservación. Elaborarase, asimesmo, un Plan de Continxencia, que recollerá as solucións aos posibles problemas que poidan xurdir no desenvolvemento das accións de conservación.

A acción consiste na adquisición, mediante expropiación, de terreos de titularidade privada no municipio de Ribadeo. Trátase de 33 parcelas de diferentes tamaños e tipoloxías, que suman un total de 45.877 m2, dos cales 44.579 m2 atopan no ámbito da Rede Natura 2000 (ZEC Río Eo-Galicia ES1120002, ZEPA Ribadeo ES0000085).

A adquisición dos terreos por parte do Concello de Ribadeo resulta imprescindible para abordar a recuperación dos hábitats 91E0* e 9230 no tramo do corredor fluvioestuarino do río Eo ao sur da enseada das Aceas. O uso actual das parcelas é maioritariamente forestal, xa que a maior parte da superficie está ocupada por plantacións de eucalipto (Eucalyptus globulus).

Desenvolvemento de actuacións que permitan o incremento e a mellora do estado de conservación dos bosques húmidos do hábitat 91E0* no tramo final do corredor fluvial do río Eo, en 4 espazos Natura 2000: ZECs Río Eo (Galicia) (ES1120002) e Ría do Eo (ES1200016) e ZEPAs Ribadeo (ES0000085) e Ría do Eo (ES1200016).

Actuarase en 12 tramos do borde do esteiro, sobre unha superficie total dunhas 15 ha, co fin de aumentar a superficie do hábitat prioritario 91E0* nunhas 7,1 ha e mellorar o estado de conservación doutras 3,7 ha. Isto traducirase nun incremento da biodiversidade e da conectividade ao longo de 14 km do corredor fluvial do Eo. Complementariamente, aumentarase a superficie do hábitat 9230 nunhas 4,4 ha.

Desarrollo de actuaciones que permitan el incremento y la mejora del estado de conservación de los bosques húmedos del hábitat prioritario 91E0* en el sector medio del corredor fluvial del río Eo, en tres espacios de la Red Natura 2000: ZEC Río Eo (Galicia) (ES1120002), ZEC Río Eo (Asturias)(ES1200023) y ZEPA Ribadeo (ES0000085).

Se actuará en 7 tramos de ribera del río Eo, a lo largo de unos 56 km de río, sobre una superficie total de 10,26 ha.

Actuaciones previstas

  1. Eliminación y control de especies exóticas invasoras

La eliminación y control de especies exóticas invasoras (Eucalyptus globulus, Populus x canadensis, Acacia spp., Robinia pseudoacacia, Cortaderia selloana, Viburnum sp., Senecio mickanioides, Tritonia x crocosmifolia, etc.), se realizará de forma selectiva, en cada uno de los 16 tramos, en función de los datos obtenidos en la acción A1.

El procedimiento se basará en lo establecido en el Protocolo de eliminación de especies invasoras (Acción A1), no incluirá el empleo de métodos químicos y seguirá el principio de cautela ambiental, por lo que las actuaciones se realizarán a pequeña escala, de forma manual o mecanizada, cuando sea estrictamente necesario y tras una evaluación de las repercusiones sobre los valores del enclave.

  1. Retirada de árboles muertos

En la acción A1 se habrán identificado los puntos donde se eliminará la madera muerta. La retirada de árboles muertos se realizará con sumo cuidado, de acuerdo al principio de cautela ambiental, dada la fragilidad y vulnerabilidad de estos medios. No se plantea la eliminación de toda la madera muerta del bosque, para garantizar la ocurrencia de los procesos naturales y su funcionalidad. Se retirarán, preferentemente, los ejemplares muertos de aliso (Alnus glutinosa), con el fin de eliminar focos de infección de sus enfermedades.

  1. Restauración forestal

Se realizarán tareas de restauración con especies propias del hábitat 91E0* en tramos de la ribera estuarina deforestados, así como en los huecos generados por eliminación de especies invasoras, retirada de árboles muertos y apeo de árboles exóticos dispersos.

Las principales especies a utilizar en la restauración del hábitat 91E0* son:

  • Salix atrocinerea (Sauce ceniciento)
  • Fraxinus excelsior (Fresno)
  • Acer pseudoplatanus (Falso plátano)
  • Laurus nobilis (Laurel)

A partir de la información generada en la acción preparatoria A1 se podrán incorporar otras especies con el fin de mejorar la composición y estructura del hábitat. La densidad de plantación será de 2.900 pies/ha, al tresbolillo. Las labores se realizarán con métodos manuales y se instalarán tubos protectores para evitar daños por fauna silvestre. Mediante esta acción se aumentará la superficie del hábitat prioritario 91E0* en unas 1,5 ha y se mejorará el estado de conservación de unas 8,7 ha. Esto se traducirá en un incremento de la biodiversidad y de la función de conectividad en el corredor fluvial del Eo en unos 56 km del corredor fluvial.

Responsable: Empresa TRAGSA. Colaboradores: Universidad de Oviedo y Universidad de Santiago. El socio InterEo prestará apoyo a TRAGSA y a las Universidades para favorecer la consecución de los objetivos de la acción.

La acción se planifica en tres periodos en años consecutivos con el fin de desarrollar, durante el 2º y 3º año, las imprescindibles labores de refuerzo del tratamiento de invasoras y de reposición de marras en los numerosos tramos de actuación. Esta flexibilidad temporal de la planificación se establece también para poder reorganizar los calendarios en caso de fenómenos climatológicos o hidrológicos especialmente adversos.

Actuacións que permitan o incremento e a mellora do estado de conservación de bosques higrófilos en dous humidais que representan os enclaves máis próximos ao mar da ZEC e ZEPA Ría do Eo (ES1200016) nos que se conservan fragmentos do hábitat prioritario 91E0*, as lagoas de Arnao e Villadún, no municipio de Castropol. Trátase de dous humidais con presenza notable de aves acuáticas, moitas delas migratorias, que utilizan tanto as lagoas como o esteiro como zonas de refuxio e alimentación.

Mediante esta acción aumentarase a superficie do hábitat prioritario 91E0* nunhas 0,5 ha e mellorarase o estado de conservación dunhas 0,1 ha.

A acción pretende a restitución da funcionalidade do ecosistema e a restauración de 2,1 ha de bosques aluviais (91E0*) do corredor fluvioestuarino da Ría de Betanzos (ZEC Betanzos-Mandeo ES1110007).

O obxectivo desta acción é a mellora do estado de conservación de 8,6 ha de bosque higrófilo (91E0*) no ámbito do Encoro de Cecebre, que conta cunha boa representación de amieiral (91E0*), afectado por Phytophthora spp., e con zonas ocupadas por especies exóticas con potencial invasor.

Esta acción está dirixida á mellora do estado de conservación de 7,8 ha de bosques aluviais (91E0*) na ZEC Parga-Ladra-Támoga (ES1120003), co fin de mellorar os corredores fluviais da cunca alta do Río Miño. A actuación desenvolverase en 3 enclaves distintos: Río Miño-Lugo (2,0 ha), Río Miño-Rábade (1,8 ha) e Río Parga (4,0 ha).

Desenvolvemento de actuacións que permitan mellorar o estado de conservación de 2,0 ha de bosques húmidos (91E0*) na Lagoa do Rei, humidal continental lacunar situado na ZEC Parga-Ladra-Támoga (ES1120003).

O resultado esperado desta acción será a mellora do estado de conservación nun total de 9,0 ha do tipo de hábitat 91E0* nas ribeiras do Rio Estorãos, tributario do Rio Lima, dentro do SIC Rio Lima (PTCON0020).

Con esta acción preténdese analizar a eficacia das accións do proxecto en comparación coa situación inicial, é dicir, avaliar a implementación e éxito das accións concretas de conservación en relación ao obxectivo xeral do proxecto: a mellora do estado de conservación do hábitat 91E0*, así como do hábitat 9230 asociado, e o desenvolvemento de medidas de xestión sostible de corredores fluviais.

Para iso, establecerase un conxunto de indicadores mediante os cales se poderán alcanzar os seguintes obxectivos xerais:

  • Controlar a evolución do proceso restaurador
  • Analizar os cambios que se produzan
  • Detectar e corrixir a aparición de transformacións non desexables
  • Favorecer a recuperación da naturalidade e o incremento de biodiversidade dos hábitats obxectivo nos enclaves de actuación

Esta acción consiste na avaliación do impacto socioeconómico do proxecto sobre a área de influencia social e económica dos enclaves da Rede Natura 2000 nos que se desenvolven as actuacións. Identificáronse tres grandes grupos de impactos socioeconómicos positivos derivados do proxecto.

  • Beneficios socioeconómicos pola mellora ambiental dos enclaves e tramos restaurados
  • Impactos socioeconómicos positivos directamente asociados á execución das accións do proxecto
  • Externalidades sociais positivas asociadas a un aumento da capacitación e a conciencia pública

Esta acción consiste en avaliar en termos económicos e non económicos, respecto á situación inicial, o impacto do proxecto sobre as principais funcións e servizos ecosistémicos subministrados polos enclaves da Rede Natura 2000 nos que se desenvolveron as actuacións de conservación, mediante un marco de seguimento novidoso que poderá ser transferido a outras avaliacións en contextos similares.

O obxectivo é achegar a información suficiente para a avaliación da consecución de obxectivos do proxecto. Deste modo, a presente acción consiste na recompilación da información necesaria para a cumprimentación dunha táboa de indicadores de impacto (performance indicators) que sirvan á UE para a avaliación de resultados do proxecto en concreto, e do Programa LIFE en global.

Esta acción pretende establecer, por parte de todos os socios incluídos na mesma, unha estratexia conxunta de comunicación e difusión dos resultados do Proxecto LIFE FLUVIAL. Estrutúrase en 2 subaccións:

  • E1.1. Plan de Comunicación

O Plan de Comunicación é unha ferramenta básica para a xestión do proxecto e para a difusión da información xerada sobre este.

  • E1.2. Materiais de sensibilización, equipamentos e web

Contémplase a elaboración de materiais de sensibilización, a instalación de equipamentos de divulgación e difusión do proxecto e a posta en marcha dunha web propia.

LIFE FLUVIAL formula unha estratexia de comunicación, difusión e sensibilización coa que se pretende chegar a todas as capas da poboación a nivel local, rexional, nacional e europeo. Para iso, desenvolveranse numerosas actividades divulgativas e formativas, relativas ao proxecto, aos corredores fluviais e á Rede Natura 2000:

1.    Presentación do proxecto

2.    Asistencia a eventos externos

3.    Día da Rede Natura 2000

4.    Talleres escolares

5.    Xornadas de voluntariado

6.    Boletín electrónico

7.    Difusión en medios de comunicación

8.    Informe Layman

 

Esta acción engloba todas aquelas actuacións de difusión dirixidas a entidades, grupos ou colectivos interesados, así como a celebración dunhas xornadas de Formación e Capacitación Técnica e do Seminario Final de Difusión. Incluirá, asimesmo, a elaboración e publicación dun Manual de Boas Prácticas na xestión de corredores fluviais e os seus hábitats asociados, especialmente o bosque aluvial (91E0*).

Con esta acción preténdese ofrecer un marco no que se facilite e promova o intercambio de boas prácticas e experiencias, así como o traballo colaborativo entre proxectos e institucións, promovendo a replicabilidade e transferibilidade dos resultados de LIFE FLUVIAL, incorporando as conclusións doutros proxectos europeos (LIFE ou non), as experiencias de organismos competentes europeos de xestión de corredores fluviais e conservación de Natura 2000, e os coñecementos de institucións e investigadores europeos relacionados con esta temática.

Isto conseguirase mediante o establecemento dunha rede de intercambio bidireccional de información, denominada REDE FLUVIAL, que facilitará un ámbito no que se fomenten as sinerxías e se desenvolvan actividades colaborativas que contribúan á mellora do coñecemento e o desenvolvemento de capacidades.

Os principais obxectivos da estrutura de xestión do proxecto LIFE FLUVIAL son:

  • Coordinar as actividades xerais de xestión (administrativa, financeira e técnica)
  • Dotar o proxecto dos órganos de decisión axeitados
  • Proporcionar ao proxecto as ferramentas de apoio e seguimento necesarias para alcanzar os obxectivos propostos.
  • Garantir unha comunicación eficiente entre os membros do consorcio fronte á CE e os organismos públicos interesados e cara á poboación a nivel local, rexional, nacional e europeo

O obxectivo fundamental do Plan de Conservación post LIFE é establecer a estratexia axeitada para lograr a sostibilidade do proxecto a longo prazo, estruturando as accións que se considera que poden ter continuidade máis alá da finalización do proxecto.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies